Anuncian a apertura do Museo Interactivo de Historia para abril

Aínda cómpre rematar a obra e desenvolver o proxecto museográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Cun 60% da obra rematada e a piques de recibir o proxecto museográfico, o alcalde de Lugo, José López Orozco anunciou onte que o Museo Interactivo da Historia de Lugo abrirá as súas portas o vindeiro mes de abril. Previamente, en decembro celebrarase unha xornadas de portas abertas, e falta aínda adxudicar a xestión do centro e dotalo de contidos, para o que Orozco anunciou o seu interese en recuperar pezas que actualmente se expoñen noutros museos, segundo publica hoxe El Progreso.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museo Interactivo da Historia de Lugo, El Progreso

Claves

Conceptos
Lugares