Do Cumio inicia unha colección de antoloxías escritas e sonoras de poetas actuais

Chus Pato e Xosé María Álvarez Cáccamo son os escollidos para abrir a colección

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Chus Pato. Fonte: Do Cumio

Chus Pato. Fonte: Do Cumio

Edicións do Cumio presenta unha colección que baixo o lema Antoloxías Poéticas Sonoras dará cabida ás voces e versos dos poetas galegos actuais. Cada volume está adicado a un só autor, presentando unha selección da súa obra editada ata o momento á que acompaña dun CD no que se pode escoitar o poeta recitando os seus versos máis senlleiros. Inician este proxecto Nacer é unha república de árbores, antoloxía de Chus Pato realizada por ela mesma, e De sombras e poemas que son casas, selección de poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo, feita tamén polo propio escritor. A intención das Antoloxías é poñer en valor as grandes voces líricas actuais, para o que se apostou por unha edición de alta calidade, así como crear un fondo sonoro que permita a esta e vindeiras xeracións un achegamento lúdico á súa poesía galega.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Chus Pato...