Carlos Cuadros, novo director do ICAA

Ángeles González-Sinde destituíu a Ignasi Guardáns por perda de confianza

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Aínda sen aprobar, a Orde Ministerial que regulaba a Lei do Cinema, que recurtaba as máximas axudas ás producións, que fixaba novos mínimos e que se centraba en aspectos industriais, acábase de quedar sen o seu impulsor: Ignasi Guardáns. A ministra Ángeles González Sinde acaba de destituilo como director do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais por un proceso de "perda de confianza". O seu substituto é Carlos Cuadros que ata o momento era director da Academia de Cine. Entre os seus retos máis inmediatos será buscar un punto de consenso entre o sector e a administración por mor da polémica orde ministerial que, por outra banda, aínda está sen aprobar.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, ICAA

Claves

Entidades
Conceptos