As descargas de películas na Internet tamén contarán para as axudas do ICAA

Supón unha revolución no sistema de subvención do cinema

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ignasi Guardans, o novo director do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais, anunciaba onte, ante a sorpresa xeral, que as descargas de Internet computarán igual que a venda de entradas nas salas, nas axudas á amortización no despacho de billetes das películas españolas. Pero non foi a única novidade, xa que os telefilmes tamén recibirán axudas desta entidade. Todas estas medidas figuran na orde ministerial que está en fase de elaboración e que nuns dez días serán enviadas aos diferentes sectores cinematográficos, comunidades autónomas e Comisión Europea. A previsión do ICAA é que se publique no BOE en outubro. Deste xeito, achégase unha revolución no sistema de axudas ao cinema estatal, que pasa a considerar a rede ao mesmo nivel que as salas tradicionais. Ademais, Guardans engadiu que a promoción segue a ser a gran materia pendente do cinema.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Internet, ICAA, Comisión Europea

Claves

Conceptos