Santiago presenta a nova versión do seu web turístico

Potencia a relación cos usuarios e mellora a relación cos profesionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:
Santiago presenta a nova versión do seu web turístico

Hoxe, Turismo de Santiago presentou o novo web oficial de turismo da cidade. Santiagoturismo.com nace co obxectivo de achegarse máis aos usuarios a través da intensificación das ferramentas 2.0, a creación dunha canle audiovisual ou a activación dun axente turístico que responde ás preguntas dos usuarios a través de Skype, Twitter ou chat. O novo web tamén integra publicacións dixitais, blogs, e mesmo os vídeos das conferencias do Fórum Gastronómico de Santiago. A área de servizo a profesionais do sector turístico tamén obtén novas ferramentas e contidos.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Twitter

Claves

Conceptos