Galicia, capital São Paulo

O tradutor automático do buscador confunde Galicia con Brasil e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:
Galicia, capital São Paulo

Os tradutores automáticos de idiomas sempre teñen problemas de conversión de frases ou palabras, pero o de Google vai moito máis alá: traduce realidades xeográficas e políticas. Para o servizo de tradución automática de webs do buscador ao francés e ao inglés, "Galicia" é "Portugal" ou "Brasil", as institucións galegas son parte deses Estados e o DOG se imprime en São Paulo.

Os estranxeiros que queiran aproximarse a Galicia a través do tradutor automático de Google poden crer que somos unha provincia portuguesa ou brasileira. Para a coñecida empresa de buscas, Narón ten o mellor espazo de interpretación de Portugal, o DOG se imprime en São Paulo, a Axencia Galega de Industrias Culturais pertence ao Estado brasileiro e o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, agarda potenciar o papel da literatura portuguesa coa Semana Auria de Novela Histórica. Cultura, por certo, tamén convocará os Premios da Cultura Brasileira. ¿Non o credes? Botádelle unha visual a estes exemplos.




A Semana Auria e a confianza do Conselleiro Roberto Varela na literatura portuguesa. (ver aquí)



São Paulo acolle o Festival Galego de Cabaré (¿Non era na Coruña?)



25 de Xullo, Día da Patria portuguesa en Vieiros



O coñecido grupo musical Mafia Galega rebautizado como Brazilian Mafia



O Diario Oficial de São Paulo en A Nosa Terra

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O perigo automático

O perigo automático

O emprego indiscriminado de tradutores automáticos ameaza con empobrecer a nosa lingua

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Portugal, Google, Tradución...