O museo de Lugo pon en marcha unha iniciativa para recuperar e dramatizar contos populares

Que queres que che conte? estará tamén en versión CD e nun libro-guía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O rato do souto e o rato da casa e O piollo e a pulga casar querían son os dous contos que inician o proxecto Que queres que che conte?, co que a Deputación de Lugo pretende dar a coñecer contos da nosa tradición oral (principalmente orixinarios desta provincia). O grupo de tatro Palimoco será o encargado de dramatizar os textos previamente seleccionados e preparados por Antonio Reigosa. A iniciativa vaise plasmar nun álbum CD e contará cun libro-guía que conterá tamén reerencias de tipo histórico e literario. A música é orixinal de Carlos Díaz e os debuxos de Sabela M. Eiriz e Mar Eiriz.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Botar un rato no órgano

Botar un rato no órgano

Nace unha asociación para difundir o patrimonio organístico de Galicia e popularizar este instrumento.

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Guía, Museo de Lugo, Sabela...