As linguas e literaturas ibéricas encóntranse nun congreso en Pontevedra sobre poesía

Só a poesía

Só se pode falar de poesía, pero de lírica das literaturas peninsulares: catalana, portuguesa, vasca, castelá e galega. É o Congreso sobre lingua e literatura ibérica que hoxe comeza en Pontevedra e no que uns vinte participantes pretenden construír un diálogo intercultural. O programa está dirixido por Xosé Luís Méndez Ferrín e coordinado por Alfonso Pexequeiro. A literatura en lingua española e portuguesa serán as encargadas de inaugurar hoxe o evento.