A Noite dos Investigadores achegará a Santiago a importancia da ciencia

É unha das 150 cidades europeas que fan parte do programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Quen ten unha cociña ten un laboratorio. Esta é a premisa dun dos obradoiros cos que o CSIC quere rechar cos estereotipos dos científicos na súa torre de marfil, alonxados da sociedade. Para iso, este venres reúne obradoiros de todo tipo (Arenoglifos. Leva á casa o teu petroglifo, O nunca visto: o pasado baixo o microscopio, Arqueoloxía en 3D, Os segredos da viña, Arqueoloxía nun clic: A Lanzada e Castrolandín, Sal de mesa nos océanos…) xunto cun espectáculo teatral para achegar unha visión máis “amable” da ciencia. A iniciativa chámase a Noite dos Investigadores e é unha proposta da Unión Europea que se desenvolve en 150 cidades de toda Europa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O petróglifo das mil caras

O petróglifo das mil caras

A limpeza da estación rupestre da Eira dos Mouros, no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade) evidencia os cambios na arqueoloxía galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Arqueoloxía, Espectáculo, Torre...