A Biblioteca González Garcés lanza o seu Club de Lectura de BD

Henrique Torreiro coordinará os encontros que se inician cunha escolma de novelas gráficas

20/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
40 lecturas | Compartido 0 veces

Até o 30 de novembro está aberto o prazo de inscrición para o Club de Lectura de Banda Deseñada da Biblioteca Miguel González Garcés. É a primeira vez que a biblioteca nodal do Estado na Coruña aposta polo cómic para os seus clubes de lectura, que xa os tiña para adultos, de títulos en língua galega e de obras en inglés. Desde o centro escolleron para coordinar esta iniciativa a Henrique Torreiro, experto na materia e colaborador de Culturagalega.org coa súa columna Entre as viñetas. As sesións vanse desenvolver desde o 15 de outubro ao 3 de decembro, presentando títulos como Barrio Lejano e Maus ou as obras vencelladas a Galicia como La tetería del Oso Malayo e As serpes cegas. Segundo Torreiro, trátase dunha escolman de BDs “máis ou menos clásicas e fundamentais que poden enganchar o público que comeza a descubrir” a novena arte. O sistema de funcionamento do club será dinámico e adaptarase ás propostas consensuadas cos participantes.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades