Unha semana de exposicións, películas, premios, encontros... Mañá clausúranse as XIV Xornadas de BD de Ourense. Detrás deste evento, o más antigo de Galicia e o máis importante xunto con Viñetas desde o Atlántico, está un dos maiores coñecedores da novena arte no país, Henrique Torreiro.
¿Como vai esta edición?
Ben, xa tivemos os convidados deste ano, Juan Berrio e Miguel B. Núñez, xente moi agradable con quen o pasamos moi ben. O único fallo foi o da exposición Stadt dos portugueses, que ían vir e que a última hora non puideron por circunstancias alleas á súa vontade. Unha pena porque os convidados eran Pedro Nora e Isabel Carvalho, dous autores moi novos pero que están rompendo bastante a nivel internacional cun estilo bastante vangardista. Para onte estaba previsto un posto de venda especializado en cómics clásicos que íamos poñer na rúa onda a estatua de Xaime Quessada sobre a banda deseñada que se inaugurou este ano, pero a chuvia desluciu bastante o evento e só estivo pola mañá. Outro cambio con respecto a outros anos co do posto de venda foi que se levou ó campus universitario na procura de novos públicos. A idea de fondo é ir facendo algo que nuns anos puidese desembocar nunha feira. Ata entón o que iremos facendo será sacar á rúa o posto.
Van catorce edicións das Xornadas, ¿como evoluíron neste tempo?
Eu levo aquí desde as segundas xornadas, na primeira só participei como público, aínda era moi novo, tiña dezaseis anos daquela. No comezo estaba na organización Frente Comixario, aínda que isto foi promovido sempre pola Casa da Xuventude. Esta asociación colaborou de xeito efectivo ata as cuartas xornadas, logo a cousa foi esmorecendo e finalmente xa se retiraron de todo tipo de colaboración ó desaparecer como colectivo. Desde o segundo ano está intervindo o noso grupo, Phanzynex. empezamos facendo a exposición de fanzines e un ciclo de cine en vídeo. E máis ou menos fomos incrementando a nosa colaboración e rematamos sendo os organizadores. A evolución en xeral foi sendo case ou case sempre positiva. Así como o primeiro ano as actividades restrinxíronse case totalmente á casa da Xuventude, con algunha exposición nun café, logo da segunda edición comezaron a sumarse outros lugares. Comezou a contarse co Liceo de Ourense, o Museo Municipal... E en moi poucas edicións comezou a ser unha cita obrigada do outono cultural de Ourense. Co avance das xornadas notouse tamén un certo avance a nivel de público no que é coñecer autores ou a propia banda deseñada. Son pasos moi lentos, pero pensamos que en catorce anos si os houbo. Nas primeiras xornadas falar de alguén coma Miguelanxo Prado era como non dicir nada, e hoxe penso que ata os menos coñecedores da banda deseñada coñecen o seu nome e sabe que debuxa cousas.
"UNHA COUSA QUE NON SE SABE MOITO É QUE O TERMO BANDA DESEÑADA, QUE HOXE ESTÁ TAN ACEPTADO RESUCITOUSE NA CASA DA XUVENTUDE"
¿Como lle deu a Casa da Xuventude por meterse nestas cousas?
Había un interese do seu director, Benito Losada. Antes das Xornadas a Casa da Xuventude xa realizara un par de iniciativas relativas á banda deseñada. Fixeran algúns concursos, exposicións puntuais e apoiaban algúns dos fanzines que logo deron lugar a Frente Comixario. Unha cousa que non se sabe moito é que o termo banda deseñada, que hoxe está tan aceptado para definir a novena arte, está resucitado un pouco pola Casa da Xuventude. Unha vez saíu o termo en A Nosa Terra, e Benito Losada, director do centro, tomou nota e comezou a convocar os certames como de historieta ou banda deseñada. Despois púxoselle o nome ás Xornadas e hoxe xa está asumido como un nome propio do galego.
As xornadas de Ourense móvense tentando chegar á xente non iniciada no mundo da banda deseñada. Postos de venda, exposicións, espacios de lectura, a proxección de filmes ou a publicación do Fanzine das Xornadas, así como a distribución das xornadas por varios espacios da cidade amosan o interese da organización por difundir ó máximo este evento.
¿Cal é a diferencia entre as Xornadas de Ourense e o Salón Viñetas desde o Atlántico?
Nós de entrada non nos chamamos salón senón xornadas. O salón é un concepto distinto e sempre ten un matiz máis ou menos comercial, que non é o caso de Ourense, que é unha iniciativa desde sempre voluntarista e de baixos orzamentos, que quere partir da cultura de base, dirixido ós que comezan pero apoiando esa liña con autores consagrados. A idea das Xornadas desde sempre é a consecución e a promoción dunha banda deseñada galega. Pero obviamente é imposible viabilizar unha banda deseñada galega mentres non sexa viable a banda deseñada en xeral. E esa é un pouco a diferencia entre as Xornadas de Ourense e o resto dos salóns que hai, aínda que logo hai moitas diferencias entre uns outros. Viñetas é un salón que eu considero de primeira liña, con autores do máis destacado a nivel internacional e ocupa un posto co que non quereríamos nin poderíamos competir. Ademais ten unhas posibilidades orzamentarias e de infraestructuras moi diferentes, unha cidade turística, no verán, e iso permítelles mover moitas máis cousas que as que se poden facer en Ourense. Movémonos en ámbitos diferentes aínda que logo hai autores nos que se coincide. Desde sempre pensamos que eran dúas iniciativas totalmente compatibles porque non chocan, e unha iniciativa como Viñetas pode traer moitas cousas boas para a banda deseñada galega en xeral.
"UN FACTOR DEFINITORIO DAS XORNADAS É A PROMOCIÓN DE AUTORES NOVOS E O INTERCAMBIO CON PORTUGAL"
¿Que aspectos destacarías das xornadas?
Xa desde o comezo hai unha constante de buscar a relación con Portugal, é un factor definitorio: a promoción de autores novos e o intercambio con Portugal. Algúns anos, dependendo dos orzamentos ou con colaboracións con outras entidades acadouse traer orixinais de autores estranxeiros destacados.Un aspecto destacado foi o feito de lle dar un impulso á sesión de cine. Debemos de ser o único encontro de banda deseñada da península no que se fan proxeccións en formato cine, e é unha iniciativa que vai resultando. Outra aposta que se consolidou desde a segunda edición foi a mostra de fanzines. Comezou cunha mostra de cincuenta fanzines, case anecdótica, e a partir de ai a cousa foi medrando e aí estamos cos mil oitocentos títulos da colección.
¿En Portugal son coñecidas as Xornadas de Ourense?
Si, a verdade é que teñen unha certa resonancia dentro da xente do mundo da banda deseñada. Claro que aló este medio é practicamente tan restrinxido como aquí, tampouco está totalmente asumido culturalmente. Entre os que coñecen o tema si ten sona. De feito o último álbum de José Carlos Fernándes, que veñen de editar en España e en Portugal, na parte onda fala do autor hai referencias ós traballos deste autor premiados en Ourense e publicados en O Fanzine das Xornadas.
¿Funciona Ourense como punto de encontro de autores do país?
Aquí hai menos ocasión para perderse que na Coruña, alí ó haber tantos actos, autores, e cousas ás que prestar atención, ó mellor non podes ver a tanta xente do país. Aquí ó ser unha cousa máis tranquila pódese dar mellor ese contacto, pero é un beneficio circunstancial.
¿Canto custa organizar as xornadas?
Os orzamentos son moi pequenos, nunca pasamos dos dous millóns de pesetas.
"TODO O TRABALLO FAISE VOLUNTARIAMENTE, NINGUÉN DA ORGANIZACIÓN COBRA"
¿Como conseguides montar todo iso con tan poucos cartos?
A base de se mover moito, de buscar todas as colaboracións gratuítas que se poidan atopar... Os autores ceden as súas exposicións e pagáselles a estancia na cidade, hai institucións que prestan as súas mostras... E logo todo o traballo faise voluntariamente, ninguén da organización cobra, e iso permite que non saia especialmente caro.
¿E os cartos de onde saen?
Da Concellería de Cultura e da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que é de quen depende a Casa da Xuventude. Tamén se buscan colaboracións noutras entidades, porque parte da filosofía da Xornadas é tentar que xente que se sinte atraída por outros campos coma a música ou o cine, se achegue tamén á banda deseñada.
¿Ese orzamento mantense porque desde a organización o vedes suficiente ou porque tampouco hai máis recursos?
Hai un pouco das dúas cousas. Non tentamos facer nada máis complicado, pero tampouco sei se sería posible dar un salto, porque ese salto tería que ser xa algo dun orzamento moi alto e iso xa sería moito mais complicado, acadar que as institucións apoiasen un festival do tamaño económico dun Viñetas desde o Atlántico. Hai que ter en conta que iso sería falar dun evento cunha importancia que en Ourense non teñen máis que as festas da cidade e o Festival de Cine.
"A NOSA INTENCIÓN FOI SEMPRE TOMAR A CIDADE MÁIS QUE LEVAR OS CIDADÁNS A UN SITIO CONCRETO"
¿O reparto das xornadas por diferentes locais da cidade débese á falta de espacio na Casa da Xuventude ou é tamén unha opción consciente?
Obviamente algo ten que ver a falta de espacio. Se dispuxésemos dun espacio potente no centro da cidade habería que pensar a organización das xornadas. Poderíamos tentalo en Expourense, o recinto feiral, pero queda fóra da cidade e iso restaríanos público, e ademais tampouco teríamos entidade de abondo para encher todo o recinto. A nosa intención foi sempre un pouco, e salvando as distancias, a do festival de Angoulême, que é tomar a cidade máis que levar os cidadáns a un sitio concreto. E así téntanse encher varias salas da cidade con banda deseñada.
Outras iniciativas que se desenvolven desde a Casa da Xuventude son a Semana da Banda Deseñada e a Fanzinoteca.
A Semana da Banda Deseñada coordínase desde a Casa da Xuventude pero é iniciativa da Consellería de Familia, Muller e Xuventude. É unha actividade itinerante, uns pequenos contidos cos que os técnicos culturais de cada vila pola que pasa poden xogar. A partir deste material cada vila pode facer exposicións con traballos dos rapaces da zona, organizar un cursiño... Nós tamén aportamos un monitor que vai o último día da semana a facer un obradoiro de banda deseñada. A iniciativa leva xa tres edicións, a actual remata en decembro. A fanzinoteca é unha iniciativa do colectivo Phanzynex. As publicacións que se foron conseguindo en todos estes anos de exposición van quedando arquivados na Casa da Xuventude. Non é nada espectacular á vista, son uns arquivadores nos que imos metendo os fanzines por orde alfabética. É un fondo de libre acceso, pero tampouco é que sexa moi consultado.
"AÍNDA A DÍA DE HOXE MOITA XENTE FALA DE FRENTE COMIXARIO COMA UN REFERENTE"
¿Por que hai tantas iniciativas sobre a banda deseñada en Ourense?
Pois por cura casualidade, penso. Frente Comixario foi un feliz encontro de varios fanzines e do seu correspondentes fanzineiros e deu lugar á revista e a un movemento que supuxo unha mínima revolución que foi ó final moi importante. Aínda a día de hoxe moita xente fala de Frente Comixario como un referente aínda que non os teñan coñecido. Entón é posible que a partir de aí e da creación das xornadas se pase a pensar que Ourense é un centro importante da banda deseñada galega, sobre todo a nivel de promoción, non é que aquí haxa máis debuxantes nin máis interese que noutras vilas.
¿Ti como te metiches neste tema?
Pois foi un pouco por un vicio de meterme en sarillos que xa tiña. Ó igual que me metín no Cineclube, no Festival de Cine ou na Bienal de Caricatura, entrei na organización das Xornadas. A afección polos fanzines veu un pouco de rebote, á parte do feito de que eu facía un fanzine. Foi idea de Benito Losada facer unha exposición de fanzines e puxémonos a facela. E foi a partir de aí que empecei a ver cousas interesantes e a descubrir que era un vicio máis atopar publicacións alternativas.
¿Tes algún proxecto dentro da banda deseñada?
A mín encantaríame chegar a producir álbums de banda deseñada de autores galegos e de autores de fóra traducidos ó galego. Pero iso polo de agora queda en reserva.