Arrinca na coruña o IV Festival Internacional de Maxia de Rúa

O encontro comezará cunha “aparición” de bolboretas da nada

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Arrinca na coruña o IV Festival Internacional de Maxia de Rúa

Malia que algunhas das actividades previas xa comezaron, o prato forte do IV Festival Internacional de Maxia arrinca mañá na Coruña. Será coa aparición “da nada” de centos de bolboretas o que dará paso a unha serie de actividades como obradoiros de iniciación, conferencias, dúas galas (unha dos grandes premios e outra de creativos da maxia) e as sesións de Juan Tamariz na Goleta Nostramo situadao na dársena da mariña. Entre as actividades programadas destaca “a Maldición do Acuario na Torre de Hércules”, na que o Mago Anton fará un arriscado número de escapismo que case lle custa a vida nunha ocasión.Jorge Blass, John Calvert, Gaetan Bloom son algunhas das figuras que participarán neste festival.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Torre, Torre de Hércules

Claves

Conceptos