Dous artistas polacos copan o palmarés da XI Bienal de Gravado

Bartlomiej Trzos e Andrzej Fydrych fixéronse co primeiro e segundo premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Bienal de Gravado Caixanova é un dos encontros de referencia a nivel internacional e onte, o xurado desta undécima edición, concedeu os seus premios. O polaco Bartlomiej Trzos alzouse por unanimidade coa medalla de ouro (ademais de 9.000 euros) pola súa obra “Metropolis VII”. O segundo premio (medalla de prata de 3000 euros) foi para o tamén polaco Andrzej Fydrych polo gravado “The Shape of a Sound I” mentres que o español Javier Aranguren recibiu o terceiro premio (medalla de bronce e 1.500 euros) pola obra titulada "Cerrado". O xurado otorgou, ademais, seis mencións honoríficas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Caixanova

Claves

Entidades
Conceptos