Brzegorz Handerek faise co galardón da X Bienal Caixanova de Gravado

Mikel Belacortu levou o segundo premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A obra Transport, que combina diferentes técnicas, valeulle ao creador polaco Brzegorz Handerek o primeiro premio na X Bienal Caixanova de Gravado. O xurado seleccionou para o segundo posto unha obra do español Mikel Belacortu e para o terceiro unha obra de Dorota Nowak, tamén polaca. En total 683 artistas enviaron 1.080 gravados a este certame. Unha selección destas obras visitará diferentes cidades de Galicia ao longo dos vindeiros meses dentro da programación cultural de Caixanova.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova

Claves

Entidades