Javier Aranguren gaña na VI Edición da Bienal Internacional de Ourense

Gravación internacional

A Bienal Internacional abreu as portas da súa sexta edición. E faino outorgando o primeiro premio a Javier Aranguren pola súa obra Citiporp Center N.Y, dotado con un millóns de pesetas e unha medalla de ouro. Con este certame pretende rendirse unha homenaxe a Julio Nespereira, quen dende o 11 de novembro conta cunha sala no edificio Simeón en Ourense.

Áccesits





O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, foi o encargado de entregar os galardóns da sexta edición da Bienal Internacional de Gravado. O primeiro premio recaeu en Javier Aranguren por Citicorp Center N.Y, o segundo en Gianna Betivenga por "Paesaggno Lucano" galardoado con medio millón de pesetas e unha medalla de prata. O terceiro premio foi para o chileno Carlos Damacio Gómez por "Ex aequo" e o italiano Paolo Ciampini autor de "Mind Shadow". No acto de entrega tamén estiveron presentes o conselleria de Cultura e Comunicación Social, Xesús Pérez Varela, o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar; o presidente e o director xeral da entidade de aforro, Manuel Bermúdez Costa e Julio Fernández Gayoso, o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas; a presidenta da Fundación Julio Prieto Nespereira , Esther Gloria Prieto.












Certame de referencia



Deste xeito preténdese loubar a figura de Julio Prieto Nespereira, quen, dende o 15 de novembro conta cunha sala no Museo Simeón de Ourense. Este certame, que xa leva seis edicións, supón unha referencia dentro do mundo do gravado en todo o estado español. Na exposición exhíbense fóra de certame obras de Chillida, Sicilia, genovés ou Wunderlich. Unha mostra que ten un carácter itinerante e que logo visitará Pontevedra, Vigo e Lugo e diferentes cidades españolas e estranxeiras.