Os versos de Lóuzara

O Roteiro Fiz Vergara Vilariño explora as paisaxes do poeta samonense

| Santiago. Redacción | Seccións: Roteiros
Compartir:
O val de Lóuzara. Foto: A.C. Ergueitos

O val de Lóuzara. Foto: A.C. Ergueitos

O fermoso val de Lóuzara, no montañoso concello lugués de Samos, foi o lugar onde pasou boa parte da súa vida o poeta Fiz Vergara Vilariño, inválido tras unha grave doenza que o recluiu na súa casa natal, onde pasou toda a súa vida adicado á literatura. A asociación Ergueitos de Sarria leva varios anos promovendo o Roteiro literario “Fiz Vergara Vilariño”, un percorrido polo val da Lóuzara que combina as paisaxes literarias do poeta con obras artísticas de figuras como Primitivo Lareu, Mónica Alonso, Paco Pestana ou Manuel Caamaño, ubicados en lugares decisivos da súa vida e obra. O roteiro iníciase no lugar de Aira Padrón, en Samos, de onde di Vergara Vilariño: "e vese tamén a Lóuzara Xabreira/-¡aló/embaixo!-/afondada nun sartego verde/verde/verde".

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz Vergara Vilariño, Fiz, Samos, Primitivo...