A Lanzada foi un centro de comercio internacional

Son algunhas das conclusions dos estudos do depósito que se desenvolve desde xuño

20/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: historiapatrimonio
19 lecturas | Compartido 0 veces
Estivo ocupado preto de 1.500 anos e a día de hoxe, o da Lanzada é un depósito excepcional tanto polo seu estado de conservación como pola cantidade de material. O investigador Xurxo Ayán e Rafael Rodríguez presentaron onte as novidades e achádegos das escavacións que se están a facer desde o pasado mes de xuño. O resultado deixa tras de si a revelación de que foi un centro de comercio internacional, algo así como El Corte Inglés da época. Na fase de escavacións, que rematará en setembro, atoparon cerámica da actual Turquía, Palestina, Líbano, Exipto e Túnez.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas