A segunda temporada de Galimatías comezará en setembro

O vigués Carlos Trigo publica unha historia na antoloxía Digital Webbing Presents

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Desde o vindeiro mes de setembro e ata maio Galimatías, a revista de Banda Deseñada, distribuirase de novo de xeito quincenal con El Correo Gallego. Viñetas desde o Atlántico acolleu a presentación da segunda época da revista, que realiza El Patito Editorial no marco do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística. En total serán 20 novos números cunha tiraxe de 30.000 exemplares. Pola súa banda, o autor vigués Carlos Trigo publicará unha versión a cor da súa historia Food for powder, que xa vira a luz na publicación Slam Bang.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico, El Patito Editorial...