O X Manicómicos chega á Coruña a vindeira fin de semana

Os organizadores denuncian a falta de apoios para organizar o evento

3/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
17 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do X Manicómicos

As rúas da Coruña recibirán a vindeira fin de semana, 7 e 8 de agosto, unha nova visita do humor dos Manicómicos. Este festival de teatro cómico chega á súa décima edición coa presenza de Pepe Viyuela, Nanny Cogorno, Efe Producións, Los Estrambóticos ou unha mostra dos traballos do Novo Circo Galego. Na presentación do programa, os organizadores denunciaron o perigo no que se atopa a continuidade deste evento pola falta de apoios públicos ao teatro cómico.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos