Nun escrito dirixido ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Mesa pola Normalización solicitoulle esta semana a esta entidade que adopte medidas urxentes para evitar a entrada en vigor do decreto para o plurilingüismo no ensino. En concreto, a asociación solicÃtalle á sala que suspenda de xeito cautelar a totalidade do mesmo ou cando menos dos artigos "que limitan a presenza do galego en educación infantil e que prohÃben a docencia neste idioma dalgunhas materias". A demanda presentouse acompañanda de informes dos departamentos de FiloloxÃa Galega e dos servizos de normalización das tres universidades que lembran os prexuÃzos que pode causar á lingua a aplicación do decreto. Deste xeito, o colectivo quere minimizar o "dano" que o texto legal pode provocar na nosa lingua mentres se agarda unha sentenza definitiva.