A Secretaría Xeral de Innovación tamén se trasladará ao Gaiás

Cento cincuenta traballadores instalaranse no Arquivo de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os cento cincuenta traballadores da Secretaría Xeral de Innovación compartirán espazo na Cidade da Cultura cos empregados do Arquivo de Galicia. O Consello da Xunta aprobaba onte o traslado desta entidade ao Monte Gaiás, que se suma á xa anunciada instalación nestas instalacións do Centro de Datos Integral da Xunta. Segundo explicou o presidente da Xunta, con estas medidas o complexo acollerá "a vangarda tecnolóxica" do goberno. Con estes traslados, calcúlase un aforro anual de 3 millóns de euros para a Administración Autonómica.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Arquivo de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia