Un atentado dana o petróglifo do Río Vilar, en Oia

Parte da figura apareceu cuberta de xeso e aceite

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Un ataque deliberado danou seriamente o petróglifo do Río Vilar, situado na parroquia de Pedornes, en Oia. Parte do gravado apareceu cuberto dunha pasta formada de vendas e xeso, e un produto químico aceitoso escurecía outrao anaco do mesmo. Un particular denunciou o pasado día 15 o ataque, que se produciu nunha zona de difícil acceso. Xabier Garrido, un estudoso deste patrimonio, apunta Faro de Vigo que os gravados, uns dos máis importantes do país polas súas representacións de barcos, poden resultar danados no proceso de limpeza.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Faro de Vigo

Claves

Entidades
Lugares