O ICAA fai públicos os requisitos para que unha película obteña o certificado cultural

Son requisitos necesarios para obter axudas á amortización de longametraxes

Que o 75% do equipo sexa español ou comunitario e que cumpla, polo menos, dous dunha serie de requisitos (versión orixinal nas linguas oficiais; ambientada en España; que o guión sexa unha adaptación dunha obra literaria preexistente, ou que esté relacionada coas expresións da creación artística; biografías, ou temáticas da realidade cultural española…). Estes son os criterios que acaba de establecer o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) para obter o certificado cultural. Un recoñecemento necesario para acceder ás axudas á amortización de longametraxes, é dicir, as axudas automáticas.