Autor galego de BD curtido en numerosas iniciativas, Sergio Covelo salta á primeira plana debutando no formato álbum. No seu persoal Floringia hanos contar intrigas palacegas, aventuras exóticas, batallas épicas e historias costumistas a través dunha capital asediada desde hai longo tempo. Falamos con el para coñecer os pormenores deste traballo e, de paso, que nos fale doutros proxectos.
Case es un veterán da BD galega, de rapaz en fanzines no teu Vigo natal, e desde hai anos como activo membro de Polaqia. Que motivou que tivésemos que agardar tanto polo teu primeiro álbum persoal?
Un cúmulo de factores, que me quitaron tempo: Colaborar con outros autores para diversos proxectos, facer historias curtas sen relación entre si e colaborar con fanzines e revistas. Tamén a dificultade de compaxinar a BD co meu traballo habitual, a vida persoal... E si, tamén ten moito que ver, lamentablemente, a preguiza.
Cóntanos brevemente de que vai a historia
Floringia vén sendo unha cidade como foron en tempos Roma, Xerusalén, Constantinopla ou Samarcanda: Floreceron e foron referentes na súa época. Pero tamén foron obxecto de desexo de diferentes pobos. Florinxia é unha capital asediada desde hai moito tempo. Viviu tempos de esplendor pero xa pasaron. Neste marco é onde poden suceder tanto intrigas palacegas, aventuras exóticas, batallas épicas, historias costumistas... É un "campo" onde se poden contar diferentes historias, todas dentro dos muros da cidade.
A obra xorde bastante tempo antes de se concretar editorialmente. ¿Como se che ocorreu? ¿É un xénero que che interese especialmente?
Botaba de menos facer unha serie, porque estaba a realizar obras curtas, sen personaxes fixos. A cousa xurdiu dunha improvisación, dunha historia colectiva que facÃamos varios debuxantes que participabamos nun foro. Cada un aportaba unha páxina á historia que se Ãa desenvolvendo segundo o que se lle ocorrÃa a cada quen. Era un relato tipo Conan. Pois na miña páxina puxen esta cidade para dar pe ao seguinte debuxante a inventar unha situación a partir daÃ. O conto só durou un par de páxinas máis, pero eu quixen retomar a cidade e crear todo un mundo arredor, como se quixese saber máis da cidade que eu mesmo creara. Non é que me interese especialmente o xénero de espada e bruxarÃa. Gústame, claro, mais tampouco son un especialista.
Sempre destacaches pola túa vea humorÃstica. ¿O teu estilo gráfico condiciónate? ¿En "Floringia" encontraremos drama ou comedia?
Iso é certo, case sempre tirei polo humor. O estilo gráfico si que che pode condicionar un pouco, pero eu creo un pouco na mestura de xéneros, nun drama non ten por que sobrar algún momento cómico: A vida ten moitos momentos tanto dramáticos como humorÃsticos, tráxicos, absurdos... En Floringia pensei que podÃa probar moitos xéneros. As primeiras historias son comedias, se cadra comedia de acción ou comedia de aventuras. Pero teño preparado historias máis serias. Canto ao estilo, é posible ir evoluÃndo.
¿Como comezaches a publicar os "petiscos" do que será no futuro "Floringia"? ¿Compilaranse todos no álbum, ou descartaches algún?
Fun sacándoos no Barsowia, a revista que sacamos en Polaqia. A primeira historia sairÃa fai cousa de dous anos. A idea é compilalas todas xunto con historias inéditas de maior ou menor extensión. Non teño pensado descartar ningunha, mais retocarei algunha das xa feitas.
¿Que parte do tomo será totalmente inédito?
A priori estimarÃa arredor do 50 ou 60%. De feito teño mentes de incluir unha historia de 32 páxinas, mais outras de duración en torno ás 14 páxinas, polo que esta porcentaxe pode medrar.
¿Foi Dolmen a túa primeira opción editorial? ¿Probaches sorte con editoras galegas antes?
Tiña outras opcións claro, pero como resulta que con Dolmen tiven a sorte de que me dixeron que si, xa non busquei moito máis. Pero que conste que tiven que insistir (risos). Falei con varias editoriais, mais non galegas, a verdade... Non podo dar unha razón de por que, simplemente non me xurdiu.
¿Tiñas gañas de facer algo fóra de Polaqia?
Tiña, tiña. Non querÃa limitarme a facer cousas só en Polaqia. Ademais asà podo facer outras cousas distintas dentro do colectivo, experimentar e facer cousas diferentes. Asà non me aborrezo. Pero abandonar Polaqia? Xamais!
¿Que pensas que pode atraer aos lectores desta obra? ¿Será ben acollida polos seguidores de Dolmen, habituados ao xénero de espada, mais tamén ás parodias de personaxes famosos?
A verdade é que me dá un pouco de medo xa que en Dolmen hai cousas moi parecidas. Ou polo menos que teñen moitas cousas en común. O único que podo dicir é que todos somos autores diferentes coas nosas referencias é que cada un aporta o seu toque personal. Eu baséome tanto na literatura de xénero fantástico como no cine, o cómic, ou a Historia.
AÃnda que teremos que agardar un chisco para saber ben, adiántanos algo desa outra sorpresiña que seica preparas para Viñetas desde o Atántico...
Son un pouco supersticioso; de feito, non sei por qué estou facendo esta entrevista (risos). PreferirÃa non falar: Estamos niso, pero prefiro non dicir nada.
O ano que ven Polaqia cumpre dez anos...
É unha alegrÃa enorme que unha iniciativa como esta dure dez anos. Empezamos con vintepoucos anos e agora xa estamos nos trinta, é a etapa na que moitos pasan de simples afeccionados a profesionais. Falaremos entre todos e seguro que se nos ocorrerá un xeito interesante de celebralo.