David Rubín e Jose Domingo, nunha ponencia conxunta en Ferrol

Presentan no Pecha Kucha os seus proxectos e o estudio que comparten

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
David Rubín e Jose Domingo, nunha ponencia conxunta en Ferrol

O venres 2 de xullo celebrarase no teatro Jofre a segunda edición de Pecha Kucha Night Ferrol, a partir das 22:20 horas. Nesta serie de breves presentacións artísticas, David Rubín e Jose Domingo presentarán, mediante senllos xogos de dez imaxes cada un, mostras das súas respectivas carreiras até a data, incluíndo avances das súas próximas obras. Os dous ilustradores galegos dedicarán algo de tempo a falar do novo estudio de debuxo no que traballan na cidade da Coruña despois de abandonaren ambos a produtora de animación Dygra, un cambio que consideran "unha aposta por nós mesmos nestes tempos de crise". Proxectaranse fotos do espazo onde traballan autonomamente, e que comparten con Alberto Guitián e Bernal.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Ferrol, Alberto Guitián, Debuxo...

Claves

Entidades
Lugares