Gallego Jorreto faise co premio Casa dos Poetas

O galardón entregarase o vindeiro 5 de setembro en Celanova

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

“A súa contribución á dignificación da cultura galega e de Galicia desde un ámbito tan complexo e, ao mesmo tempo, tan ensarillado no noso ser social como é a arquitectura” son os méritos polo que a Fundación Curros lle concedeu a o arquitecto Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, ) o seu premio “Casa dos Poetas”. Convértese así no vixésimo sexto premiado dun galardón que non terá dotación económica e que se entregará o 5 de setembro (primeiro domingo posterior ao 31 de agosto, día no que se cumpren anos do pasamento de Celso Emilio Ferreiro). Na xuntanza aprobouse ademais o orzamento anual (64.000 euros) cos que se desenvolverá un plan de actividades nas que destaca a exposición Na fronte unha estrela que exhibirá obxectos persoais de Curros Enríquez.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Manuel Gallego Jorreto, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Gallego...