A compañía Belmondo presenta o seu último espectáculo en Mozambique

Lolamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A historia de Lola Mento é a dunha muller que quería ser famosa. E vaino a conseguir, porque estes días a súa alterego, Marta Pazos e Borja Fernández (a compañía Belmondo) presentan a súa historia en Maputo (Mozambique) no Festival Internacional de Agosto. Pero non serán os únicos galegos en terras africanas, xa que con eles están Bacana Teatro con "Ratman&Bobyn" e Luly Berlín. Un evento no que compartirán escenario con artistas de Bélxica, Portugal, Suiza, Brasil e Inglaterra.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozambique, Espectáculo, Marta Pazos, Teatro...