Marcos Calveiro faise co premio Raiña Lupa de literatura xuvenil

Centauros do norte é un western ambientado en México

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As aventuras das tropas de Pancho Villa no Norte de México son o marco da acción de Centauros do norte, a novela coa que Marcos Calveiro gañaba esta mañá o Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil. O galardón, que convoca a Deputación da Coruña, está dotado con 6.500 euros de premio. A obra narra unha historia de amor e aventuras e introduce diferentes personaxes históricos na trama.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Calveiro, Literatura, México, Deputación da Coruña...