A Igrexa presenta Xubi, que aspira a ser a nova mascota das peregrinacións

Alberte Permuy é o autor do deseño, que combina o bastón de peregrino e mais a cabaza

| Santiago. Redacción | Seccións: Xacobeo
Compartir:
Xubi

Xubi

A Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, vencellada ao Arcebispado de Santiago e dedicada á atención ao peregrino, presentaba onte a que pretende ser nova mascota oficial do Xacobeo. Xubi é un deseño de Alberte Permuy que combina na súa figura o bastón de peregrino e mais a cabaza. Os responsables da fundación anunciaron que parte dos beneficios que se obteñan da mercadotecnia asociada a esta nova figura irán destinados a atender os camiñantes que fagan as Rutas Xacobeas. Polo momento, a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo non adoptou como propia a mascota.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo

Claves

Conceptos