A editorial canguesa Rinoceronte fixo entrega ós institutos de secundaria de Monterroso e Palas de Rei (Lugo) de cadanseu lote de libros cun prezo total no mercado de 8.000 €. Estes libros –entre os que se conta a primeira tradución do islandés ó galego (Anxos do universo, de Einar Már Gudmundsson) ou clásicos universais como o Decamerón, de Giovanni Boccaccio– irán destinados ás bibliotecas e clubs de lectura dos centros, e tamén como agasallo para os alumnos dos últimos cursos de secundaria. Os volumes doados forman parte dos primeiros tÃtulos publicados por Rinoceronte, hai 3 ou 4 anos, cuxa vida comercial se dá por rematada. AÃnda que o habitual no sector e destruÃr os libros non vendidos, a editora canguesa preferiu doalos para favorecer deste xeito a lectura en concellos rurais de Galicia.