Dezaseis cines galegos únense á Festa do cine

Poderase acceder ás proxeccións ao prezo de 2 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A segunda edición da Festa do cine pretende conseguir un millón de espectadores nos días 7, 8 e 9 de xuño. A iniciativa organizada pola Federación de Produtores (FAPAE), a de distribuidores (FEDICINE), e a de exhibición (FECE) consiste en que, por cada entrada comprada nos días 4, 5 e 6 de xuño, regalan unha acreditación que permitirá ver outar película entre o 7 e o 9 ao módico prezo de dous euros. En Galicia hai dezaseis cines que se unen a esta promoción que este ano, como novidade, inclúe tamén un código para ver unha das películas do catálogo de Filmotech.com.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine

Claves

Conceptos