Comeza en Compostela a III Bienal Literaria Internacional

O evento reúne creadores de todo o mundo baixo o lema Libera a palabra!

O PEN Clube galego inaugura hoxe a terceira edición da Bienal Literaria Internacional, que se celebra desta volta baixo o lema Libera a palabra!. O proxecto comeza hoxe no Hostal dos Reis Católicos de Compostela e continuará ata o vindeiro día seis entre esta cidade e Ourense. Mesas redondas, conferencias, recitais e outras actividades reunen autores como Luís Sepúlveda, Sergio Ramírez, Orlando Rossardi, Manuel Rivas ou Xosé Luís Méndez Ferrín entre moitos outros.