A Deputación da Coruña presentaba onte as actuacións previstas no proxecto Mandeo, unha iniciativa que quere potenciar os atractivos turÃsticos desta comarca. Desde 2008 e ata final deste ano investiranse 12,4 millóns de euros nesta iniciativa, dentro da cal se insiren varias actuacións relacionadas co patrimonio cultural e a historia da zona. Deste xeito, onda os restos do campamento romano da Cidadela, construiranse dúas torres de madeira de oito metros de altura semellantes as que debeu ter o conxunto. En Sobrado dos Monxes recrearanse un dólmen e mais un castro, nos que diferentes inscricións e enigmas permitirán a participación activa dos máis pequenos. Tamén se prevé a creación do Centro Etnográfico do Mandeo en Curtis, e a recuperación de diferentes rutas de sendeirismo e áreas recreativas en toda a comarca.