A MIT de Ribadavia e o Instituto da Muller apostan pola igualdade

A 26 edición da mostra contará con actividades relacionadas coa violencia de xénero

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

Aínda non se coñece o programa definitivo, pero sí que o orzamento co que contará a 26 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vai ser sensiblemente inferior ao do último encontro. O ministerio de Cultura incrementou a contía da súa achega, pero a Xunta rebaixouno de 45.000 a 30.000 euros. O Instituto da Muller, que dirixe a galega Laura Seara, implicarase na MIT con 10.000 euros que sevirá para financiar actividades paralelas ao teatro relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero. Estas actuacións figuran nun convenio que Seara asinará co alcalde de Ribadavia nuns días.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, MIT, Xénero, Teatro...