Rodilla e A nena que tiña unha soa orella gañan no festival de cine de Cans

O xurado destacou a “carencia de papeis relevantes para as mulleres” nos traballos proxectados

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O agroglamour pechou as súas portas a ritmo de música e, ademais, coa entrega de premios. O xurado recoñeceu como mellor curtametraxes Rodilla, na categoría de ficción, e A nena que tiña unha soa orella no apartado de animación. Os premios para os actores, sen dotación económica, foron para Fernando Cayo e Javier Gutiérrez (ex aequo) e para Nancy Valcárcel. Neste aspecto o xurado constatou “a grave carencia de papeis relevantes para as mulleres nas curtametraxes recibidas, o que evidencia unha fonda desigualdade na representación cinematográfica”. Pola súa banda, os veciños estrearon o seu particular xurado e premiaron a Padre modelo de Alejandro Marzoa.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mulleres, Cans, Animación

Claves

Lugares