O festival de Cans reforza o seu aspecto musical

A cita será do 19 ao 22 de maio na localidade pontevedresa de Cans

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As protagonistas son as curtametraxes pero os organizadores do Festival de Cans prepararon máis que nunca o universo cultural, musical e social que rodea a este encontro. Coque Malla e Di Ellas (o grupo de Luis Tosar que presenta novo disco) son o principal reclamo dun programa musical que este ano estrea Rock’nRoad e Jaliñeiro Unplugged (un galiñeiro para concertos de pequeno formato). No apartado competitivo, do máis dun centenar de traballos recibidos, competirán doce curtas de ficción, sete de animación e catorce videoclips que optarán polos premios que non incrementan a súa contía. Canda este, e sen dotación económica, os veciños conformarán un xurado que entregará o “Premio dos veciños”. Do 19 ao 22 de maio “non haberá tregua” apuntou Alfonso Pato, director deste particular certame.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Alfonso Pato, Rock, Animación

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares