O xurado e o público de Cans premia a Javier Veiga pola curta Sálvame

Guau!!!!

A curta de ficción do humorista e presentador Javier Veiga, Sálvame, así como a curta de animación de Peque Varela 1977 son as gañadoras dos premios que concede o xurado da quinta edición do Festival de Cans. A interpretaciòn de Nuria Sanz por Perversa Lola e Luis Zahera por Rosinda y Jacinto foron tamén galardoadas polo xurado. Estes premios únense aos xa sabidos: o premio de honra Pedrigree 08 para Chete Lera, os de mellor video clip para Calamar (The Homens) e Espanha a las 8 (Elodio y los Seres queridos) que lles deron o xurado e o público respectivamente.

O xurado desta edición estivo conformado por Nacho Vigalondo, as guionistas Tatiana Rodríguez e Lidia Mosquera, o monologuista Rober Bodegas, e os actores Pedro Alonso, María Castro e Roberto Vilar.

Palmarés:
Premio Pedigree´08: CHETE LERA. Can de Pedra.
Premio do xurado á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €. Sálvame de Javier Veiga
Premio do xurado á mellor curta de animación. Can de Pedra e 1.500 €.
1977 de Peque Varela
Premio do público á mellor curta de ficción. Can de Pedra e 1.500 €.
Premio do Cluster Audiovisual Galego. Sálvame de Javier Veiga
Premio do público á mellor curta de animación. Can de Pedra, 3.000 euros en promoción da curta e a inclusión no programa Curtas. Premio do Consorcio Audiovisual de Galicia. A revolta dos mouses
Premio do xurado ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €: Calamar (The Homens)
Premio do público ao mellor videoclip. Can de Pedra e 300 €: Espanha a las 8 (Elodio y los Seres Queridos)
Premio do xurado á mellor actriz. Can de Pedra. Nuria Sanz por Perversa Lola
Premio do xurado ao mellor actor. Can de Pedra: Luis Zahera por Rosinta y jacinto