O colexio Apóstolo Santiago albergará as aulas da Escola Municipal de Música

Agora sí: música en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Santiago contará cun centro de estudios musicais que ofrecerá entre 150 e 200 prazas ao comezo da súa actividade. O concelleiro de Educación, Xosé Manuel Iglesias, conta con que a futura Escola Municipal de Música de Compostela comeze a súa actividade antes de que termine o primeiro trimestre do curso escolar. Boa parte do profesorado e da directiva sairán das filas da Banda Municipal e non se descarta a participación de membros da Real Filharmonía. O edificio do colexio Apóstolo Santiago acollerá as aulas desta nova institución académica que comezará cos ensinos clásicos, desde piano ou violín ata os de vento, e incluirá os instrumentos tradicionais como a gaita.
Máis información en O Correo Galego

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo Santiago, Manuel Iglesias, Clásicos, Educación...