A Escola de Artes e Oficios de Vigo atrasa o comezo do curso porque aínda ten sen constituír o seu padroado

Parada na escola

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Vigo acaba de convocar con urxencia aos membros do Padroado da Escola de Artes e Oficios (antiga Universidade Popular) para poñer en marcha o curso 2003-2004 desta institución. A reunión prodúcese cun atraso que influirá na data de comezo do curso, tradicionalmente o primeiro de outubro, xa que aínda falta establecer o plan de estudios e decidir as prazas de profesores contratados que son necesarias. Desde o Concello sinalan que a escasa marxe de tempo entre a constitución da corporación e o comezo do curso é a causa da demora.

Máis información na edición de hoxe do Faro de Vigo; no web da Universidade Popular e no noso tema sobre esta entidade

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Culturagalega, Faro de Vigo