Expertos en varias disciplinas culturais xuntaranse na illa de San Simón

Desenvolverán o programa Estrategar que conta co asesoramento de Edgar Morin

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Especialistas en disciplinas que van da cultura, á filosofía, á arte, o turismo ou a comunicación social farán parte dun foro que terá lugar na illa de San Simón nunha data aínda sen precisar. O director xerente da Fundación Illa San Simón e o presidente do Foro Iberoamericano sobre Estratexias de Comunicación (Fisec) asinaron onte en Madrid un convenio para a celebración da súa xuntanza anual nesta illa. En San Simón pretenden avanzar na elaboración do programa Estrategar que reúne a un equipo duns 50 investigadores de todo o mundo e que contan co asesoramento do antopólogo frances Edgar Morin.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Filosofía, Turismo, Madrid