VÃctor Aneiros publica novo disco, Brétemas da memoria (Gaztelupeko Hotsak). O guitarrista e compositor dedica unha importantÃsima parte dos dez temas do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. Non é a primeira vez que o guitarrista ferrolán se achega á poesÃa de Ramiro Fonte, pois no seu anterior disco xa recreou "Na barra", tema onde estaban moitas das obsesións do escritor: ambientes nocturnos, personaxes decadentes atrapados entre sombras, atracción polo abismo, Ofelias afogadas na noite... Brétemas da memoria é melancólica, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado da contaxiosa enerxÃa que transmite a guitarra de Aneiros. VÃctor inclúe no disco "Axúdame", un tema baseado nun texto doutro poeta galego contemporáneo, Xosé Carlos Caneiro. Dúas pezas instrumentais ocúpanse da apertura e peche de Brétemas da memoria. Javier Vargas, Mauri Sanchis, Roberto Somoza, son algunhas das destacadas colaboracións deste traballo no que seguen acompañando a Aneiros Manuel Gutiérrez ao piano e Marcos S. Yáñez á baterÃa, incorporándose VÃctor Gacio ao baixo.