Dous traballos galegos compiten na sección oficial de Documenta Madrid

A cita terá lugar do 7 ao 16 de maio en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hai unha semanas apuntamos a presenza de American Greyhound na competición oficial de Documenta Madrid. A ese traballo hai que lle sumar outra participación galega, trátase da última película de Lois Patiño (Vigo, 1983) Recordando os Rostros da Morte, no marco da sección de non-ficción, deste certame que se desenvolve en Madrid do 7 ao 16 de maio. O documental achégase, en clave poética, ao instante dramático no que se produce a morte. Non será o único traballo do vigués que se poderá ver en Madrid estes días, xa que no marco do concurso EN PEZAS de Caja Madrid se proxectará a peza de videoarte Paisaje-Duración. Trigal.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Morte, Lois Patiño, Documental...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares