ADEGA denuncia a degradación do Cabo Fisterra polos novos costumes dos peregrinos

As cacharelas improvisadas onde queiman a roupa e o lixo acumulado son os principais problemas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Un peregrino queima a súa roupa en Fisterra. Fonte: ratzalumama en Youtube

Un peregrino queima a súa roupa en Fisterra. Fonte: ratzalumama en Youtube

"Determinados "costumes" de discutíbel tradición e visíbeis impactos non achegan nada positivo ao patrimonio inmaterial do Camiño e si degradan o marco natural no que se desenvolve", asegura a organización ecoloxista ADEGA nun comunicado remitido hoxe. Prácticas como a queima da roupa, fogueiras ardendo ou plásticos deixados provocan unha degradación dunha das paisaxes "emblemáticas" de Europa. Para solventalo, ADEGA propón unha política de información aos visitantes e peregrinos respecto aos valores ambientais do cabo e a instalación de máis contedores.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Fisterra, Europa, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)