Do Rexionalismo do século XIX ata o pasado recente. Memoria do nacionalismo galego é un documental que percorre os 170 anos da historia polÃtica, social e cultural de Galicia a través dos testemuños de vinte e sete historiadores, teóricos, sindicalistas, polÃticos e intelectuais. Un percorrido polas ideas e as organización polÃticas que creaon o nacionalismo galego que se sintetizan en hora e media e foi dirixido por Xabier MacÃas, Comba Campoy e Xosé Zapata. A estrea deste traballo, promovido pola Fundación Galiza Sempre no marco do seu décimo aniversario terá lugar hoxe venres ás 20:30 horas no Teatro Principal (Rúa Nova, 21).