As academias de cine galega e catalá intercambian as proxeccións dos seus premios audiovisuais

O CGAI exhibirá un ciclo de cine catalán neste mes de maio

30/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As curtametraxes finalistas aos Mestre Mateo deste ano exhibíronse en Barcelona grazas a un convenio entre a entidade que concede eses premios, a Academia Galega do Audiovisual (AGA) e a súa homóloga catalá, Acadèmia del Cinema Catàla. Agora, esa iniciativa volve repetirse con esa mesma dobre dirección: o CGAI proxectará (do 3 ao 10 de maio) os traballos finalistas aos premios do cinema catalán, os Gaudí; e a sede da SGAE en Barcelona ofrecerá as producións galegas. Desta forma, a AGA continúa co seu cometido de promoción e exportación exterior dos traballos producidos en Galicia.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Barcelona, SGAE...

Claves

Conceptos
Lugares