Doentes, de Gustavo Balza, As silenciadas de Pablo Ces e e amor e canterÃa de Mikel Fuentes son tres dos traballos gañadores da última edición dos Premios Mestre Mateo, que recoñecen o mellor audiovisual galego do último ano. Estes filmes veranse mañá en Barcelona (Cines Maldà de Barcelona, 20:00 horas, de balde) grazas a un acordó entre as academias do audiovisual galega e catalá.
Doentes, de Gustavo Balza, conta a historia de dous perdedores na Compostela dos anos 50, logo de ser expulsados do hospital para convertelo en Parador de luxo (hoxe Hostal dos Reis Catálicos) e que conta con cinco premios. As silenciadas de Pablo Ces é un documental que fala da resistencia antifranquista en clave feminina. O programa complétase co traballo premiado como obra experimental, De amor e canterÃa, de Mikel Fuentes, “unha curtametraxe de 13 minutos que recrea algunhas das pezas lÃricas do poeta galego Manuel MarÃa” explica unha nota de prensa da Academia Galega do Audiovisual.
O convenio que asinaron as academias do audiovisual galega e catalá pretende aumentar a difusión dos proxectos feitos en ambos territorios con semanas de proxección. En maio, puidéronse ver en Galicia algúns traballos gañadores dos Premios GaudÃ, do audiovisual catalán.
Masterclass do foro
Outra das actividades da Academia Galega do Audiovisual (AGA), traerá os vindeiros dÃas 25 e 26 de outubro ao director artÃstico Félix Murcia, gañador de cinco premios Goya. Será no marco do Foro Academia Aberta e levará por tÃtuo “A expresión plástica no cine”.
Dúas sesións analizarán filmes como “Carmen” de Carlos Saura, “Mujeres al borde de un ataque de nervios” de Pedro Almodóvar, “Secretos del corazón” de Montxo Armendáriz, “El perro del hortelano” de Pilar Miró e “El caballero Don Quijote” de Manuel Gutiérrez Aragón, entre outras. A dirección artÃstica, os criterios plásticos, o aspecto visual, a ambientación e construción de decorados serán os eixes centrais desta cita.