A Xunta avala a Dygra Films para rescatala da súa crise

Prorroga por dous anos o prazo do préstamo

30/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Na reunión do goberno galego que se celebra cada xoves, acordouse concerder un aval de 1.5 millóns de euros á empresa coruñesa Dygra Films S.L para que garanta un préstamo de tres millóns. En todo caso, a Xunta asegurou que este aval substitúe a outro da mesma contía que xa concedeu o IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, e prorroga así por dous anos o prazo do préstamo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dygra Films, Dygra, Goberno Galego, Igape