Chega a sexta edición do Imaxina Sons, o festival de jazz de Vigo

Destacan no programa figuras como Martial Solal, Dave Douglas ou Louis Sclavis

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Comezou timidamente, cunha proposta rompedora no eido de jazz ao programar os sons que se facían desde Europa. Co tempo foi incorporando incursións nos jazz prducido desde Latinoamérica ou Norteamérica. E nesa senda segue na súa sexta edición que se presentou hoxe en Vigo. As novidades non veñen na súa concepción (músicos de renome e auténtico luxo neste xénero músical) senón na súa xestión: pódense mercar abonos da programación completa e incorpórase o auditorio municipal aos espazos de concertos. O encontro, organizado polo concello de Vigo, comeza o vindeiro 5 de marzo e contará con figuras tan relevantes como Martial Solal, Dave Douglas, Louis Sclavis e a proposta galego-americana Atlantic Bridge.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Xénero, Concello de Vigo, Europa...

Claves

Entidades
Conceptos