Sete concertos co jazz máis aperturista no ciclo da Fundación Barrié

Jazz para dúas cidades

31/3/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O vindeiro 5 de abril dará comezo na Coruña a décimo terceira edición do Ciclo de Jazz da Fundación Pedro Barrié de la Maza que distribuirá sete concertos entre A Coruña e Vigo ata o 8 de maio. O programa desta edición está centrado na cualidade aperturista do jazz e ofrece, como é habitual, a actuación de figuras de primeira liña internacional como John Zorn, co seu novo proxecto Carte Blanche, o pianista McCoy Tyner Trio con Joe Lovano ao saxo tenor, Richard Galliano e outros artistas. Ragas xudeas, boggie woogie, soul, flamenco, afro, blues, stride, pop e bossa-nova estarán presentes nos conciertos desta nova edición que pechará en Vigo a actuación de Pepe Habichuela & Dave Holland Sextet. Na Coruña os concertos terán lugar no Palacio da Ópera, e en Vigo no Teatro Salesianos. A entrada a todos será de balde previa retirada de invitacións.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Vigo, A Coruña, Fundación Barrié...