Ernesto Campos estrea Concerto de Chapela, a primeira obra de folk sinfónico

Crema de gaita e a Banda de Música de Pontevedra interpretan esta noite a peza

29/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a estrea de Concerto de Chapela, a primeira obra galega de folk sinfónico. A Banda Municipal de Música e mais o grupo Crema de gaita interpretan a obra de Ernesto Campos, inspirada na localidade viguesa do mesmo nome e que reúne no escenario corenta e oito músicos. Canda a esta peza, no mesmo concerto estrearase a peza para gaita e orquestra Luces do Atlántico do mesmo compositor. A cita é ás nove da noite e entrada é de balde.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Pontevedra, Pazo da Cultura de Pontevedra, Atlántico

Claves

Conceptos